DENUNCIA PREVENCIÓN DE RISCOS NO TRIBUNAL DE INSTANCIA DE COMPOSTELA

Mércores, 16 Set 2026

Na Sección de Execución Civil do Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela hai unha fiestra co vidro rachado desde fai máis dun ano, cun padrón de fisuras ramificadas (“tea de araña”) que percorre boa parte do panel e cun fragmento de vidro ausente, quedando un oco aberto na cámara de aire da fiestra, tal e como se acredita nas fotografías achegadas coa denuncia.

 

A fiestra afectada sitúase no segundo andar do edificio, con vistas directas á rúa, o que implica que un eventual desprendemento de anacos de vidro suporía un risco non só para o persoal que ocupa ese posto de traballo senón tamén para as persoas que circulan pola vía pública.

O estado actual do vidro comporta, cando menos, os seguintes riscos para a seguridade e a saúde do persoal: risco de corte por fragmentos soltos da propia fiestra; risco de caída de anacos de vidro cara ao interior do posto; e imposibilidade de garantir un peche seguro e estanco da fiestra.

Nesta data non consta que se tivese executado ningunha reparación nin colocado ningunha medida provisional de protección (sinalización, precinto ou similar) sobre o elemento danado.

Polo tanto solicitouse:

Que se proceda á inspección técnica urxente do posto de traballo e da fiestra referida na denuncia.

Que se ordene a substitución inmediata do vidro danado e, mentres esta non se execute, se proceda á adopción de medidas provisionais de protección (sinalización, precinto da zona ou calquera outra que evite o risco de corte ou de caída de fragmentos).

Que se dea resposta por escrito a esta comunicación, indicando as actuacións e o prazo previsto para a súa execución.

Para ver o escrito completo de denuncia preme na ligazón: