
DENUNCIAMOS A NEGATIVA DA DXX A NOMEAR FORMADORES

Dende este sindicato, o 18 de xaneiro do 2024, xa denunciamos a actitude desa administración ante a denegación de solicitudes de formador@s nos xulgados, cando é persoal que cambia de Xurisdicción ou cando dito persoal volve dunha excedencia longa.
Tal é o presente caso do Xulgado de Vixilancia Penitenciaria de Pontevedra o cal, a día de hoxe, atópase con tres funcionarias provenientes doutras xurisdiccións, ás que se lles está dando formación por medio de dúas funcionarias dese xulgado, sen cobrar ningunha delas a prolongación de xornada e, para máis inri, atrasando o seu propio traballo e, consecuentemente, o do propio xulgado.
De todo isto é coñecedora a Dirección Xeral, xa que máis dun letrado/a nesta mesma situación pediu no seu día un formador, denegándoselles as solicitudes por non ser persoal de novo ingreso.
Todo isto, segundo o noso entender, resulta inaudito, sobre todo ollando a nova lei orgánica de medidas en materia de eficiencia do Servizo Publico de Xustiza (L.O. 1/2025, 2 de xaneiro) xa que se o que se pretende son medidas de axilización procesual, un servizo eficiente, aliviar a carga de traballo etc., enton e evidende e necesario a figura do formador tanto para persoal de novo ingreso como para o que este nesta situación que nos acontece, o mesmo que os que proveñen dunha excedencia. (tal e o caso dunha funcionaria que voltou dunha excedencia despoís de tres anos e que tampouco tivo a figura do formador).
É por todo isto que dende esta Central Sindical solicitamos formación para todo o persoal que este nas cincunstancias contempladas no presente escrito, en pról dun servizo eficiente e de calidade.
Para ver o escrito presentado preme na ligazón: