
DGT. Mesa Delegada de Recursos Humanos

Fomos convocados a unha reunión exprés para dar o noso parecer sobre a última proposta que fai a DGT para “retocar”a instrución vixente de produtividade do organismo, antes de abordar (din que o ano que vén) a elaboración dunha totalmente nova.
Como xa ten acontecido en ocasións anteriores nas que non se chegou a acordo ningún, a modificación que propoñen consiste na redistribución dos cartos dos que se dispón, eliminando a chamada produtividade semestral e reducindo moi considerablemente o remanente anual, co obxecto de subir as cantidades mensuais para tratar de facer unha distribución que non penalice tanto a compañeiras/os que poidan ter unha baixa médica máis ou menos longa.
Desta vez recolleron unha das nosas reinvindicacións, reducindo os grupos de Xefaturas para a percepción de CP2 e CP9 a únicamente dous, A e B, -tal como se ven facendo en CP3-.
Ver Nota Informativa completa