DIA DE LIBRANZA TRAS A GARDA NAS VILAS DE MAÍS DE TRES XULGADOS

Luns, 22 Set 2025

Hoxe diriximos sendos escritos á Dirección Xeral de Xustiza e ao Ministerio de Xustiza nos seguintes termos:

O pasado día 19 de marzo de 2025 o BOE publicou a Resolución de data 5 de marzo na que reforma o punto sétimo e) da Resolución de 5 de decembro de 1996 da Secretaría de Estado de Xustiza, pola que se ditan instrucións sobre xornada e horarios no ámbito da Administración de Xustiza, conforme a redacción dada pola Resolución de 2 de xullo de 2014, da Secretaría de Estado de Xustiza, quedando redactado nos termos seguintes:

«16. Normas comúns.
e) Ao termo do servizo de garda ordinaria, os funcionarios que a tivesen prestado poderán deixar de asistir á oficina o propio día de conclusión da garda ou dentro dos tres días laborables seguintes nos mesmos supostos recoñecidos aos Letrados da Administración de Xustiza»

O RD 1280/2024 modifica o RD 1608/2005, Regulamento Orgánico do corpo de Secretarios Xudiciais, introducindo un novo art. 85 bis:

«Artigo 85 bis. Libranzas.
2) Ao termo do servizo de garda ordinaria, os letrados da Administración de Xustiza poderán deixar de asistir ao despacho o propio día de conclusión da garda ou dentro dos tres días laborables seguintes nos mesmos supostos recoñecidos aos integrantes da carreira xudicial”

O Regulamento 1/2015 de aspectos accesorios das actuación xudiciais establece, no apartado 3 do artigo 60 o seguinte:
a) Naqueles partidos xudiciais nos que se atopen separados os Xulgados de Primeira
Instancia respecto dos de Instrución ou con máis de tres (…)
Ao termo do servicio de garda ordinaria, o xuíz que o tivera prestado poderá deixar de asistir ao despacho o propio día de conclusión da garda, ou, dentro dos tres días laborables seguintes, segundo as necesidades do servizo, sempre que non houbera actuacións pendentes derivadas da garda, nin sinalamentos, comunicándollo ao xuíz Decano para que poida proveerse a súa ordinaria substitución (…).

Polo tanto, por analoxía co establecido para a carreira xudicial e o corpo de lax, nos partidos con máis de tres xulgados con garda presencial debe aplicarse o establecido no apartado e) das normas comúns, e aquelas persoas que presten o servizo de garda poderán librar un día dentro dos tres laborables seguintes á conclusión da garda.

Temos coñecemento de que lle ten sido denegada esta libranza a unha persoa alegando que non acudiu a prestar a garda a fin de semana, en base ao estipulado no apartado 6 do artigo sétimo da Resolución do 5 de decembro de 1996, onde acouta o dereito a descansar o día posterior á garda a aquela persoa que tivera que realizala o domingo.

Dado que parece haber unha contradición entre o estipulado no apartado 6 do artigo sétimo e o apartado e) do artigo 16, solicitamos da Dirección Xeral que se interprete do xeito máis favorable ao persoal da Administración de Xustiza e se aplique a todo o persoal que estea de garda.

Para ver os xustificantes de presentación preme nas ligazóns: