DIFICULTADES PARA A ADXUDICACIÓN DE DESTINOS CONCURSO-OPOSICIÓN
Respecto da publicación de destinos da promoción interna 2023, o Ministerio de Xustiza ven de informar o seguinte:
Aínda que é certo que se esperaba a súa publicación esta mesma semana, estaba a esperarse a adxudicar os destinos propios dos procesos de concurso-oposición JUS/1327/2022 para seguir coa orde cronolóxica correspondente, pero cos problemas que se tiveron para depurar as listas coas renuncias e demais situacións existentes nas súas listaxes, non foi posible.
Para afrontar esta situación, e cumprir na medida do posible co indicado, pediuse que se faga urxentemente o correspondente para adxudicar os destinos de promoción interna 2023, sendo que, se todo segue a súa orde, espérase a súa publicación en BOE o próximo 10 de agosto, con toma de posesión o 1 de setembro.