ENTRADA DE DICIREG NOS PARTIDOS XUDICIAIS DE VERÍN E ARZÚA

Martes, 17 Dec 2024

No día de hoxe publicáronse no BOE as resolucións da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, polas que se acorda a entrada en servizo efectivo da aplicación informática Dicireg nas Oficinas do Rexistro Civil do Partido Xudicial de Verín e Arzúa.

Apróbase a entrada en servizo efectivo, nas oficinas do Rexistro Civil do partido xudicial de Verín, que comprende a Oficina Xeral do Rexistro Civil de Verín e ás oficinas colaboradoras do Rexistro Civil da Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós e Vilardevós, da aplicación informática denominada DICIREG, do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, que permite o funcionamento do Rexistro Civil conforme as previsións contidas na Lei 20/2011, do 21 de xullo, ás 00:00 horas do 20 de xaneiro de 2025.

BOE (Partido xudicial Verín)

Apróbase a entrada en servizo efectivo, nas oficinas do Rexistro Civil do partido xudicial de Arzúa, que comprende a Oficina Xeral do Rexistro Civil de Arzúa e ás oficinas colaboradoras do Rexistro Civil de Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Toques e Touro, da aplicación informática denominada DICIREG, do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, que permite o funcionamento do Rexistro Civil conforme as previsións contidas na Lei 20/2011, do 21 de xullo, ás 00:00 horas do 10 de febreiro de 2025.

BOE (Partido Xudicial Arzúa)