ERROS NA RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE TRASLADOS

Venres, 30 Mai 2025

Acaban de enviarnos un correo electrónico do Ministerio de Xustiza para informarnos de que se están detectando numerosos erros que poden modificar sensiblemente a resolución do concurso.

Polo que teñen que corrixir os datos cargados no sistema, o que suporá a modificación da data da resolución e publicación no BOE.

En consecuencia, anúlase o ficheiro pdf cos destinos adxudicados, sendo posiblemente a nova publicación no BOE a semana do 14 ao 17 de xullo próximo.

Enviarase novamente o documento indicado.