
ESCOLA INFANTIL DA CIDADE DA XUSTIZA

No vindeiro mes de marzo abrirase o prazo de matriculación para as escolas infantís de 0 a 3 anos da Xunta de Galicia. Concretamente no caso de Vigo, as funcionarias/os da Administración de Xustiza gozan de preferencia para ocupar as prazas da Escola Infantil da Cidade de Xustiza, do mesmo xeito que o persoal da Xunta de Galiza ten tamén preferencia para ocupar as prazas da escola infantil da Praza da Estrela.
Para poder ollar todos o centros e as súas características deixámosvos aquí a información que podedes consultar a través dos códigos QR da seguinte folla informativa:
Para máis información preme na ligazón:
https://politicasocial.xunta.gal/gl/areas/familia-e-infancia/escolas-infantis-0-3