Especialidade tributaria para C2 de Corpos Xerais: segue a política low cost de persoal na AEAT
A Dirección da AEAT ven de remitirnos as bases para a convocatoria que sairá no BOE sobre a especialidade tributaria de funcionarios do grupo C2 de Corpos Xerais. Tras a publicación, anuncia, subirá o material didáctico elaborado por RRHH á intranet
Mais... por que saca agora esta especialidade tributaria a AEAT? Que implica? Pois se temos presente que os C1 e C2 de Corpos Xerais con especialidade tributaria teñen que solicitar autorización da AEAT para participar nun concurso da Administración Xeral do Estado e marchar da AEAT fica máis claro: retribuír como C2 as tarefas adicionais que se exixirán por ter a especialidade e non permitir que ese persoal marche da AEAT en busca de complementos específicos maiores para poder facer fronte ao incremento do custo da vida. O contrario ao que fixo cos Axentes de Facenda que promocionaron ao A2 de Corpos Xerais, por certo

Mais unha vez evidénciase que a intención da AEAT non é retribuír as tarefas que o persoal desempeña dun xeito xusto, senon ter un cadro de persoal low cost.- As funcións que a cada Corpo se asignen deben estar claramente especificadas na Relación de Postos de Traballo (RPT). Si para estar en atención ao público os C2 de Corpos Xerais necesitan a especialidade tributaria, así se debería indicar en cada posto ben sexa por panel, por concurso ou de acceso libre.
Diante desta situación só hai unha alternativa: facer exclusivamente os cometidos que o regulamento exixe e mais loitar polo que nos corresponde.