ESTABILIZACIÓN CONCURSO OPOSICIÓN RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E DATA DO EXAME

Fixase a data do exame para o 2 de marzo de 2024
Luns, 04 Dec 2023

Orde PJC/1301/2023, do 23 de novembro, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo extraordinario para acceso pola quenda libre, aos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza convocado por Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro, polo sistema de concurso oposición e convócase á realización dos distintos exercicios e procédese á publicación dos Tribunais cualificadores únicos.

Aprobanse as relacións definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas ás probas selectivas para ingreso nos Corpos de Xestión Procesual, Tramitación Procesual e Auxilio Xudicial, sistema xeral de acceso libre, e publícanse nos anexos I, II e III a relación definitiva de persoas aspirantes excluídas e as causas de exclusión.

As listas certificadas completas quedarán expostas ao público na páxina web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.es), nas páxinas Web das Comunidades Autónomas que convoquen prazas e no punto de acceso xeral do Ministerio de Facenda e Función Pública (www.administración.gob.es).

Fíxase como data para a realización do exame o 2 de marzo de 2024 as 09:00, nas sedes que se publicarán en breve.

O Ministerio acordou facer o exame para os tres corpos o mesmo día e a mesma hora.

Para acceder a resolución completa  PREME AQUÍ

Se queres comprobar a relación definitiva de admitidos e excluidos preme nas ligazóns:

XESTIÓN ADMITIDOS E EXCLUIDOS RELACIÓN DEFINITIVA

TRAMITACIÓN ADMITIDOS E EXCLUIDOS RELACIÓN DEFINITIVA

AUXILIO ADMITIDOS E EXCLUIDOS RELACIÓN DEFINITIVA