FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER LOCAL PARA O 2025

Xoves, 14 Nov 2024

Hoxe publicouse no DOG a Resolución de 6 de novembro de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais pola que se da publicidade ás festas laborais de carácter local para o vindeiro ano 2025, correspondentes aos concellos das catro provincias de Galiza. Que serán inhábiles para os efectos laborais, retribuídas e non recuperables, que serán para os concellos pertencentes ás provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra as que figuran, respectivamente, nos anexos I, II, III e IV.

Consulta na seguinte ligazón a Resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241114/AnuncioG0767-071124-0001_gl.html

En relación con esta nova podes consultar na seguinte ligazón información sobre as vacacións e asuntos particulares correspondentes ao 2025: https://www.cigadmon.gal/xustiza/nova/vacacions-e-asuntos-particulares-do-2025