
GAS RADON UN RISCO PARA A SAÚDE DAS/OS TRABALLADORAS/ES DE XUSTIZA

Con data 14 de marzo solicitouse, por parte desta Central Sindical, o resultado das avaliacións do Gas Radon correspondentes as medicións levadas a cabo en determinadas instalacións xudiciais, tras a retirada dos respectivos sensores de medición dos edificios xudiciais da primeira fase do organigrama acordado con esa Dirección Xeral en septembro do 2024.
Así mesmo, cabe sinalar tamén a preocupación e inquedanza existente entre os traballadoras/es ubicados nalgunhas das dependencias nas que se realizaron as comprobacións, tras a aparición dalgún caso de cancro de pulmón que poderían estar relacionado coa existencia de niveis elevados de Radon nas ditas dependencias xudiciais.
Baseándonos no Real Decreto 1029/2022 sobre a exposición ao radon e os riscos para a saúde, especialmente o cancro de pulmón, establecendo este decreto as medidas para reducir a concentración do radon nos lugares de traballo, asi como que a nova normativa establece a obriga de realizar medidas de Radon en todos os edificios de acceso público, é polo que solicitamos a tal efecto se nos de traslado dos resultados das medicións realizadas, informe de conclusións dos técnicos e, no seu caso, medidas correctoras a aplicar, así como que se siga coa planificación acordada no resto de edificios xudiciais.