IIPP. Grupo de Traballo OEP 2026 

Mércores, 25 Feb 2026

 

 O primeiro que nos comunican e a chegada da petición de Función Publica solicitando o numero de prazas necesarias para a institución o dia seguinte da convocatoria deste grupo de traballo. Parece ser que este ano se vai adiantar a negociación da OEP, os ultimos anos esta petición chegaba os ministerios tres meses mais tarde. 

 

 A administración tanto a Secretaria como a Entidade achegannos os criterios e din que o teñen que ter feito para este xoves, os criterios son: 

  • Contar todalas vacantes puras a dia de hoxe 
  • Calcular as xubilacións que se poden producir ata fin de ano cunha formula que usa FP: o 20% do persoal de 60 a 64 anos e o 40% do persoal de 65 a 69 anos. 
  • As posibles segundas actividades ata fin de ano ( neste punto desde CIG advertimos que estamos a notar unha tendencia alcista nas peticións e que se tivera en conta ) 
  • Completar as RPTs de Murcia II, As Palmas II, Malaga II, Soria, Pamplona e Ceuta 
  • numero resultante restaselle o persoal que nestes intres esta en practicas 
  • O resultado son os datos que se envian a FP para confeccionar a oferta do ano 2026 

 

 

Todolos sindicatos manifestamos a necesidade de incrementar as RPTs. A creación de novos postos de traballo e  o aumento das cargas de traballo polos novos programas fan necesario unha revisión de RPTs moi desfasadas das necesidades reais da Institución. 

 

 Comparecendia dunha responsable da Dirección Xeral de Execución Penal

Aproveitando o grupo de traballo e ante a solicitude da parte social comparece, para explicar os cambios en Brieva e Puerto I, unha responsable responsable da Dirección Xeral de Execución Penal . Na petición firmada por CIG tamen se pedia información sobre os perfís dos internos que chegaban ós centros de Monterroso e Bonxe. 

 

Na nosa intervención na mesa aclaramos que os centros dos que se falaba estaban fora do noso ambito territorial, pero que si se falaba de tipo de infraestructuras e de perfil de internos nos queriamos realizar unha queixa sobre os perfís de internos que chegaban ós centros da provincia de Lugo. 

  

Por unha banda son centros catalogados en Categoria C no recente acordo ca Admon do Seculo XXI e no acordo recollese que tipo de internos reciben ises centros e por outra banda non teñen as infraestrucuturas necesarias para acoller a internos recen progresados o segundo grado, nin a internos recen levantado o artigo 75.1. 

 

Facemosno eco tamen da nova aparecida na prensa o dia anterior de que Monterroso e o centro donde mais medrou a poboación reclusa no ano 2025, un 51%. 

 

Desde a admon nos din que fan un bo traballo, que se estuda individualizadamente cada caso e que o fan pensando no  millor para a reinserción dos internos. a  CIG non pon en duda a boa  vontade de reinserción pero co tipo de perfil adecuado para os centros. Nalgun intre da conversación responsable engadiu que non entendia porque habia dous centros nunha provincia tan pequena como Lugo. 

 

Desde CIG manifestamos que estaremos atentos o tipo de perfís que chegan a Lugo e de calquera modificación que se queira leva neses centros.