HORARIOS E CALENDARIO LABORAL 2024 NAS OFICINAS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALIZA

Resolución publicada no DOG de 29 de febreiro de 2024
Xoves, 29 Feb 2024

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, sobre os horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza en Galicia para 2024

As novidades máis importantes respeto ao ano 2023 son:

  • A parte flexible do horario de inverno estendese agora ata as 20:00. A de verán mantense igual ata as 17:30.
  • Agora pódense xuntar os días de vacacións soltos (7 días) cos asuntos particulares.
  • Xulgados de Garda: Os días 24 e 31 de decembro permanecerán pechadas as oficinas xudiciais, con excepción dos servizos de garda. Cando ditos días coincidan en festivo, sábado ou día non laborable, compensarase cada día cun día adicional de permiso por asuntos particulares.
  • Adaptación progresiva da xornada de traballo ordinaria: O persoal funcionario que se reincorpore ao servizo efectivo á finalización dun tratamento de radioterapia, quimioterapia ou outros tratamentos de especial gravidade poderá reducir nos trinta días seguintes a súa xornada nunca porcentaxe do 50 % da duración da xornada diaria, preferentemente na parte flexible, que considerará como tempo de traballo efectivo, e poderá ampliarse noutros trinta días, logo de valoración polo órgano competente.
  • Compensacións horarias: O cumprimento do horario establecido non xustificará a suspensión ou interrupción de dilixencias ou actuacións procesuais urxentes e inaprazables, e estas horas de prolongación de xornada máis alá do horario fixado computaranse do xeito seguinte: a) Cada hora traballada entre as 17.00 e as 22.00 horas, de luns a venres, como dúas horas efectivas, ou a parte proporcional correspondente. No caso dos xulgados exclusivos de violencia sobre a muller, previa certificación do/da letrado/a acreditando que se debe a actuacións urxentes, computarase cada hora traballada entre as 15.00 e as 22.00 horas de luns a venres, como dúas horas efectivas, ou a parte proporcional correspondente. b) Cada hora traballada a partir das 22.00 horas ata as 7.30 horas do día seguinte, sábados, domingos e festivos, como dúas horas e media efectivas, ou a parte proporcional correspondente. As anteriores compensacións horarias non serán de aplicación durante a prestación do servizo de garda.
  • Flexibilización do horario fixo da xornada diaria: dereito á flexibilidade horaria ata un máximo dunha hora da súa xornada de traballo (dúas horas no caso de familias monoparentais) por motivos de conciliación familiar cando se atope nalgunha das seguintes situacións:

        a) Ter fillos ou fillas ou persoas acollidas menores de idade.

        b) Convivir con familiares que, por enfermidade ou avanzada idade, necesiten asistencia.

        c) Ser vítimas de violencia de xénero ou de violencia sexual.

        d) Atoparse en proceso de nulidade, separación ou divorcio.

Esta resolución entra en vigor mañá, 1 de marzo.

Se precisas ver a resolución completa  PREME AQUÍ