
IIPP. Mesa Delegada

Reunión tensa na que as revindicacions da parte social polo incumplimento do Acordo do seculo XXI puxeron en entredito o manifestado pola admon. en canto a sua boa fe nas negociacións cos sindicatos representativos.
O punto dous do orde do dia foi un esperpento , “Calendarización de los grupos de trabajo” e a Admon. non precisou nin unha data. Enumerou grupos de traballo deixando para mais adiante as data para celebralos.
Os temas que propuxemos as OOSS todos quedaron aprazados pola Admon. para cando se celebrasen os grupos de traballo: xornadas e horarios, traballo a distancia, ….
Analizando conxutamente os grupos de traballo celebrados o martes ( Baremo e Protocolo de Agresións ) e a Mesa Delegada de hoxe o unico interese da admon. e a negociación dun novo protocolo de agresions, para poder blanquear a sua inacción nas moitas agresións que se estan a producir no medio penitenciario.
Desde o sindicato CIG pedimos á administración o mesmo trato e sensibilidade en cuestions moi demandadas polos traballadores como son: as 24 horas, a posibilidsde de que se aplique para todolos centros a excepción recollida na Instrucción de Xornada e Horarios para os centros de Extremera, Albocasser e Moron, o traballo a distancia, reparto de remanentes de productividade,......como o ten na negociación do Protocolo de Agresións.
Levaremos a Función Publica como asinante do Acordo do seculo XXI os incluplimentos por parte da Secretaria Xeral das diferntes cuestions recollidas en non concretadas no texto