INEXECUCIÓN DOS INFORMES DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE VILAGARCÍA E A ESTRADA

Martes, 22 Out 2024

Despois dás visitas realizadas por este sindicato, en materia de prevención de riscos laborais, aos edificios xudiciais de Vilagarcía de Arousa e A Estrada, constatouse que non se emendou ningunha das anomalías reflectidas no seu día nos informes correspondentes ao ano 2017 polo servizo de Prevención de Riscos Laborais.

Entre as moitas eivas constatadas novamente nas visitas efectuadas e, que non se solucionaron nestes últimos 7 anos, poden indicarse a desconexión da central de fumes cos servizos de emerxencia exteriores; non se puido verificar que se tiveran pasado as correspodentes revisións por parte das OCAS dos servizos de electricidade, de ascensores e de calefacción/aire acondicionado; existe mobiliario nas salas de vistas de épocas pretéritas, o cal non cumpre cos criterios ergonómicos en materia de Prevención de Riscos Laborais; comprobouse a falta de efectivos suficientes da Policía Nacional para controlar os accesos aos edificios xudiciais, segundo a Resolución do 10 de xaneiro de 2023 pola que se publica o Convenio en Materia de Seguridade dos Edificios Xudiciais, e un largo etcetera máis de eivas sen solucionar a día de hoxe.
Por parte da CIG solicitouse por escrito dirixido á DXX a subsanación inmediata dos problemas detectados nestes dous edificios xudiciais, como paso previo a acudir á Inspección de Traballo por incuprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais por parte da Xunta.

Para ver o escrito presentado preme na ligazón seguinte: