
INFORMACIÓN DA MESA SECTORIAL NO MINISTERIO DE XUSTIZA

A CIG ven de asistir á primeira reunión da Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, presidida pola Directora Xeral do Servizo Público de Xustiza, para abordar a negociación inicial da carreira profesional recollida no artigo 519 da Lei Orgánica do Poder Xudicial: “3. Mediante Real Decreto, previa negociación coas organizacións sindicais, estableceranse os criterios, requisitos e as contías iniciais do complemento da carreira profesional que será igual para todos os corpos con independencia de onde presten os seus servizos.”
O Ministerio manifesta que para definir o modelo de carreira profesional a adoptar na Administración de Xustiza deberíase ter en conta co disposto no artigo 122 do Real Decreto-lei 6/2023, de 19 de decembro, que introduce, unha regulación máis detallada da carreira horizontal dos funcionarios públicos da AXE. Afirma que afronta a negociación sen límites e propón a creación dun grupo de traballo e a súa programación pechada, quedando xa convocados para o 16 de setembro có compromiso de ter con antelación a documentación formal.
Recoñecen que Galiza e Valencia ten unha seudo-carreira profesional, xa que carecen de competencias.
Dende a CIG afrontamos este inicio de negociación con tres cuestións básicas que teñen que quedar reflexadas no RD:
- A entrada ten que ser directa no grado corresponda por antigüidade.
- As contías iniciais deben ser superiores ás traxectorias existentes no Estado.
- Valoración dos idiomas cooficiais.