INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O DESENVOLVEMENTO DA OPOSICIÓN TRAMITACIÓN PROMOCIÓN INTERNA EN GALIZA

Proceso selectivo convocado por Orde PCJ/1550/2025, de 22 de decembro
Mércores, 17 Xun 2026

As probas do ámbito territorial de Galiza do 20.06.2026, ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa por Promoción Interna, terán lugar en SANTIAGO DE COMPOSTELA, que se corresponde coa sede (provincia) da Coruña, na Aula 2 da EGAP (Escola Galega de Administración Pública) (rúa Madrid, 2-4, Polígono de Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela).

As probas desenvolveranse da seguinte forma:

1. Apertura das portas ás 8:45 h. NON ESTÁ PERMITIDO O ACCESO DE ACOMPAÑANTES DO PERSOAL OPOSITOR, que deberán permanecer fóra.

2. A partir das 9:00 h, quen o desexe, pode comezar a entrar na aula para o que debe ter preparado o DNI. QUEN ACCEDA Á AULA NON A PODERÁ ABANDONAR SALVO CAUSA XUSTIFICADA.

3. Unha vez colocado todo o persoal opositor na aula, lectura das instrucións particulares e apertura das caixas de exame por parte do Tribunal Delegado. Solicitarase para proceder á apertura que dúas persoas opositoras voluntarias comproben que as caixas están precitadas.

4. Comezo do primeiro e único exercicio. IMPORTANTE! A hora de comezo non está establecida xa que será indicada polo Tribunal Cualificador Único ao Tribunal Delegado cando todas as sedes estean preparadas. O exame comeza ao mesmo tempo en todo o territorio do Estado. Prégase que o persoal opositor o teña en conta porque non estará permitido saír da aula unha vez sentado, salvo por causa de forza maior. Non se poderá abandonar a aula durante os primeiros 10 minutos nin durante os 10 últimos minutos do exercicio. O exercicio terá unha duración total de 100 minutos.

5. Finalización da proba. Un dos vixiantes separará a última folla “copia del opositor”, que se lle entregará á persoa que realizou o exame e o resto das follas de resposta serán recollidas polo persoal de vixilancia. Non se poderá abandonar a aula ata que sexa indicado polo responsable da aula.

MATERIAL NECESARIO:

 DNI e bolígrafo negro ou azul TRANSPARENTE.

 Está permitido levar unha botella de auga transparente e sen ningunha etiqueta. As botellas que non cumpran este requisito non estarán permitidas.

QUEDA PROHIBIDO:

 A presenza de acompañantes dentro da EGAP durante o desenvolvemento das probas salvo necesidades especiais puntuais.

 Entrar na aula con comida salvo a botella de auga especificada no punto anterior.

 O emprego de AUDÍFONOS salvo xustificación da necesidade.

 O emprego de TAPÓNS para mitigar os ruídos.

 Levar o cuestionario de preguntas antes de finalizar o último exercicio.

 Os teléfonos móbiles e reloxos intelixentes deben estar apagados e gardados, nunca encima da mesa. Se durante o desenvolvemento da proba sona algún dispositivo, a persoa opositora será, en todo caso, expulsada da proba.

 Calquera persoa que sexa identificada durante a realización da proba falando ou intentando copiar por algún medio será expulsado da proba sen apercibimento previo algún.

OUTRAS CUESTIÓNS DE INTERESE

PUBLICACIÓN DAS PLANTILLAS. O Ministerio de Xustiza publicará a plantilla provisional de respostas no prazo de 72 horas, e os resultados do exame na páxina web.

CERTIFICADO DE ASISTENCIA. Quen necesite certificado de asistencia para o mesmo día das probas debe comunicarllo aos vixilantes dentro da aula, facilitando o DNI para facer o certificado. O resto de certificados de asistencia colgaranse na web do Ministerio 10 días despois da publicación da lista de aprobados.

DNI ELECTRÓNICO. Para os/as que queiran identificarse con DNI electrónico, o control de acceso requirirá os seguintes pasos:

- Identificación no sistema: O/A opositor/a acedará á Sede electrónica oficial da convocatoria e mostrará o seu perfil activo (ou a súa área de "As miñas inscricións") usando o seu certificado dixital.

- Comprobación biométrica ou visual: O/A opositor/a mostrará o documento de identidade no seu dispositivo móbil xunto cunha segunda identificación física (carné de conducir ou pasaporte son alternativas válidas se o DNI físico non está dispoñible, ou calquera carné que teña unha foto).