INFORMACIÓN MESA DELEGADA EN MADRID

Venres, 19 Xun 2026

Hoxe asistimos á reunión da Mesa Delegada celebrada en Madrid, na que se nos trasladou a seguinte información:

• Adxudicación de destinos para o corpo de auxilio xudicial concurso estabilización (Orde JUS/1288/2022, de 22 de decembro) publicarase no BOE a finais deste mes de xuño

• Concurso de Médicos/as Forenses van intentar que saia en outubro

• Corpo de Tramitación da quenda de reserva para persoas con discapacidade (PCJ 1357/2024), publicarase este mes de xuño a lista de persoas aprobadas e despois celebrarán o exame de linguas.

• Corpo Xestión da quenda de reserva para persoas con discapacidade: primeira semana de xullo publicación persoas aprobadas

• O Ministerio prevé publicar o concurso de traslados antes do 31 de xullo

• Publicarán a OPE 2023 de promoción interna no BOE do día 25 deste mes de xuño

• Aprobaron 12 persoas co corpo de Xestión, por promoción interna, que xa aprobaran estabilización. Van ampliar a lista de aprobadas de promoción interna con esas prazas unha vez tomen posesión da praza de estabilización.