INFORMACIÓN MESA SECTORIAL CO MINISTERIO DE XUSTIZA
Hoxe asistimos á Mesa Sectorial celebrada co Ministerio de Xustiza na que nos informaron das seguintes cuestións:
- Este mes ofertarán destinos para o cupo reservado a persoas con discapacidade
- No BOE do 21 de xullo publicarán os destinos adxudicados en auxilio xudicial concurso de méritos (Orde JUS/1288/2022) pero por petición de CCAA van ser os nomeamentos o 1 de setembro
- Publicación adxudicación destinos Promoción Interna do 23 sobre o 25 de xullo
- Publicación oferta destinos quenda libre do 23 a finais deste mes, entre o 25 e o 31 de xullo e as tomas de posesión en setembro.
- Oferta de destinos para concurso oposición do 22 este mes pero tamén posesión en setembro
- Concurso traslados din que está complicado..estano preparando pero pensan que se publicará en agosto para pedir en setembro
- Concurso de traslado Letrados e Letradas a finais desta semana ou na que ven no BOE