INFORMACIÓN SOBRE A MESA SECTORIAL DO 26-06-25

Venres, 27 Xun 2025

Onte celebrouse nova mesa sectorial coa DXX para continuar coas negociacións de implantación dos Tribunais de Instancia Fase III, nas cidades de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, o procedemento de reorganización e as bases do concurso específico para os postos singularizados.

Con respecto as RPT das cidades, do que nos informa a DXX é que: 

1. Créanse 4 novas prazas de tramitación en VSM en Vigo, Coruña, Santiago e Ourense. A petición sindical estudiarán a proposta de engadir mais prazas.

2. A ratio de VIOGEN por funcionario/a é: Santiago 144 asuntos. Vigo 150. A coruña 222. Ourense 144. E de Lugo e Pontevedra non nos facilitaron datos.

3. A petición da CIG de creación de equipos en todas as cidades por orde xurisdiccional, trala publicación do RD 530/2025 no que no seu punto d) di “ los equipos que se constiuyan cuando así lo establezcan las relaciones de puestos de trabajo, y, en todo caso, siempre que en número de efectivos en el equipo sea igual o superior a 50” . A DXX interpreta, o artigo 39 bis como que non teñen obriga de crear equipos.

4. Manteñen as 11 prazas de LD, pese a oposición de todas as OOSS.

5. Amplíanse as prazas de fiscalía de Ourense e Santiago, en dúas persoas do corpo de tramitación, tras a creación dunha nova praza de fiscal.

6.. En relación as rpt previstas para o rexistro e reparto, a DXX manifestou que teñen intención de que o novo programa Atenea reparta directamente os escritos aos xulgados.

A CIG na Mesa Sectorial solicitamos que: 

- As prazas vacantes saian a substitución ou comisión e din que sí o farán salvo urxencia.
- Sobre a redución de 2 prazas de auxilio no SCACE a contestación foi que o correo teríao que facer o persoal de auxilio dos SCX e tamén inflúe o incremento dos medios telemáticos.
- Pedimos o incremento do complemento nos xulgados de violencia así como maior número de prazas.
- Solicitamos a elaboración de manuais de postos. 

- Non estamos de acordo coas bases do concurso específico tal e como está regulado e consideramos que o galego debe ser un requisito e non un mérito. Con respecto as prazas de concurso específico: os/as xefes/as de áreas serían de nivel I, e os/as de equipo nivel II.

En canto aos Tribunais de Instancia das vilas da Fase I, comezarán a partir de 1 de xullo e quedamos emprazadas a partir de setembro para ver a evolución da fase I, negociar o teletraballo e a creación das agrupación das oficinas da xustiza municipal,

Sobre a traxectoria profesional, informa a DX que cando remate a negociación da carreira profesional do persoal funcionario da Xunta, comezarase a negociar a nosa, manifestando que a partir de setembro iniciarase a negociación.