INFORMACIÓN SOBRE A SITUACIÓN DOS PROCESOS SELECTIVOS EN GALIZA

Venres, 05 Xun 2026

A Dirección Xeral de Xustiza acaba de remitirnos a seguinte información sobre o estado actual dos diferentes procesos selectivos que temos pendentes na Administración de Xustiza.

CORPOS XERAIS

• CONCURSO DE MÉRITOS (Orde JUS/1288/2022, de 22 de decembro):

- Auxilio (3 prazas). Ofertáronse os postos e os e as aspirantes xa elixiron. Pendente publicación da adxudicación.

• CONCURSO-OPOSICIÓN (Orde JUS/1327/2022, de 28 decembro):

- Tramitación (2 prazas): Solicitados os postos, pendente de adxudicación. Vilagarcía e Ribeira.

- Auxilio (3 prazas): Solicitados os postos, pendente de adxudicación. O Barco, Lugo e Pontevedra.

• PROMOCIÓN INTERNA 2024:

- Xestión (2 prazas). Orde PJC/104/2024, de 31 de xaneiro. Pendente a adxudicación de postos.

- Tramitación (2 prazas). Orde PJC/150/2024, de 19 de febreiro. Pendente a adxudicación de postos.

• QUENDA LIBRE 2025 (Orde PJC/1437/2024, de 3 de decembro):

- Auxilio: 44 + 6 discapacidade. Vacantes tres prazas da quenda de discapacidade que se adxudican a persoal aprobado noutras CCAA. Pendente a adxudicación de postos.

• QUENDA LIBRE 2026 (Orde PJC/1549/2025, de 22 de decembro):

- Tramitación: 31 + 3 discapacidade. Exame o 3.10.2026

- Auxilio: 23 + 3 discapacidade. Exame o 3.10.2026

• PROMOCIÓN INTERNA 2026 (Orde PJC/1550/2025, de 22 de decembro):

- Tramitación: 16 + 1 discapacidade. Exame o 20.06.2026

MÉDICOS/AS FORENSES

Concurso de méritos quenda discapacidade (1 praza): Orde PJC/1356/2024, de 19 de novembro.

Resolución do concurso de méritos a través da Orde PJC/1536/2025, de 18 de decembro, pola que se publica a relación de persoas aprobadas no proceso selectivo extraordinario para acceso, por concurso, reservado a persoas con discapacidade, no Corpo de Médicas/os Forenses, convocado pola Orde PJC/1356/2024, de 19 de novembro.

Non se adxudica ningunha praza en Galiza.

• Acceso libre (2 prazas): Orde PJC/1446/2024, de 10 de decembro. Publicada a resolución de oferta de prazas ás persoas aprobadas.

• Orde PJC/1537/2025, de 18 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, mediante oposición, no Corpo  de Médicos/as Forenses.

Non se convocan prazas en Galiza.