INFORMACIÓN SOBRE A XORNADA DE FOLGA DE MAÑÁ
Con motivo da convocatoria da folga xeral, esta semana non se realizará o chamamento ordinario de persoal interino a través da OPAX.
En relación cos servizos mínimos, o persoal que sexa nomeado para cubrir os servizos mínimos e que, ao incorporarse ao seu posto, comprobe que o servizo xa está cuberto, poderá exercer o seu dereito á folga.
Desde a CIG-Xustiza lembramos a importancia de garantir o dereito fundamental á folga.