INFORME SOBRE O EQUIPO DO SERVIZO COMÚN DE EXECUCIÓN CIVIL E DE FAMILIA DE COMPOSTELA
Este 2 de setembro trasladamos á Dirección Xeral de Xustiza un informe completo sobre a situación de saturación estrutural que sofre o equipo de traballo de Civil e Familia, dentro da Área civil, social, contencioso-administrativa, familia, infancia e capacidade do Servizo Común de Execución de Santiago de Compostela, coa finalidade de reclamar a cobertura urxente das prazas vacantes. Compleméntase, ademais, a información publicada na prensa sobre o atasco xudicial en Santiago, achegando datos específicos deste equipo, e as precisións necesarias que a información publicada, ao referirse a un ámbito máis amplo, non permite apreciar.
|
SERVIZO COMÚN XERAL |
||||
|
|
|
17 traballadoras/es
|
||
|
|
5 traballadoras/es
|
|||
|
Área Penal
|
|
10 traballadoras/es
|
||
|
Total
|
|
32 traballadoras/Es
|
||
O equipo de traballo civil ten a seguinte composición:
• Cadro previsto: 17 efectivos (5 xestores/as + 12 tramitadores/as).
• Cadro real: 12 efectivos (5 prazas vacantes: 2 xestores/as e 3 tramitadores/as), catro delas sen cubrir dende hai meses.
• Este equipo traballa, polo tanto, co 70,6 % do seu cadro previsto.
• Non se trata, polo tanto, dunha ausencia puntual ou marxinal de persoal, senón de case tres de cada dez postos da dotación sen cubrir.
Para ver o informe completo preme na ligazón: