INSTRUCIÓNS SOBRE CESES E TOMA DE POSESIÓN CONCURSO TRASLADOS CORPOS XERAIS

Luns, 09 Xun 2025

Acaban de publicar as instrucións de ceses e tomas de posesión do concurso de traslados do 2024.

1.- Ceses
O persoal funcionario titular que obtivo praza no concurso cesará no seu anterior destino definitivo e máis no destino que, no seu caso, ocupe en substitución ou comisión de servizos nas seguintes datas:


• Tramitación Procesual e Administrativa: o 20/06/2025.
• Xestión Procesual e Administrativa e Auxilio xudicial: o 24/06/2025.


No caso de que o día previsto para o cesamento non sexa hábil na localidade onde se atopa o destino definitivo no que se cesa, o cesamento realizarase o primeiro día hábil seguinte.


2.- Tomas de posesión
O persoal adxudicatario de prazas na mesma localidade onde presta servizo disporá de 3 días hábiles para a súa incorporación ao novo destino, de 8 días hábiles se hai cambio de localidade, e de 20 días hábiles ou dun mes, segundo a comunidade de procedencia. Os prazos empezan a contar dende o día hábil seguinte á data do cese.


No caso de que unha persoa funcionaria reingresada tome posesión antes das datas indicadas na resolución pola que se resolve o concurso de traslados na praza doutra en activo que tamén obtivese destino no concurso, esta segunda cesará o mesmo día da toma de posesión da reingresada, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.

Consulta no documento toda a información: