
IV Convenio. Troco de Réxime Xurídico

Hoxe publicaron no BOE a convocatoria para o proceso de Troco de Réxime Xurídico do persoal laboral do grupo 4G do Anexo II do IV Convenio Único (Disposición 25914 del BOE núm. 304 de 2023), as bases recollen o acordado entre Función Pública e as Organizacións Sindicais, e cabe subliñar as seguintes características:
• A participación é voluntaria. As persoas que non queiran cambiar a persoal funcionario permaneceran no seu posto hasta a xubilación ou outro tipo de mobilidade.
• Existe unha cláusula de garantía salarial. Está contemplada a creación de complementos para que o troco de réxime en ningún caso supoña unha diminución das retribucións.
• A permanencia no posto. O cambio só supón un cambio de persoal laboral a funcionario, non varía nin a localidade.
• Está dirixido exclusivamente ó persoal do Anexo II. Non pode participar máis que o persoal encadrado nese anexo e nese grupo profesional, coa excepción do persoal de grupos superiores que non posúa a titulación requirida para acceder a unha categoría superior de funcionario/a.
• O proceso é un Concurso Oposición. Consiste nun exame tipo test de 40 preguntas no que non descontan as respostas erróneas sobre os catro temas acordados no Grupo de Traballo e un concurso no que se valorará a antigüidade e o tempo de traballo desenvolvido no posto. O proceso o realizará o INAP e habilitaran unha plataforma formativa para todo o persoal que decida participar.
• As probas serán descentralizadas. Haberá exames na Coruña, Barcelona, Sevilla e Madrid.
• O acceso neste caso será a C2 da Escala de Auxiliar de Organismos Autónomos.
Ver Nota Completa