LISTAXES DEFINITIVAS E LUGARES E HORAS DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CELGA 2, 3 E 4
Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas
Celga 2: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2026
Resolución do 28 de outubro de 2026 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 2
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Santiago de Compostela
- Listaxe definitiva de persoas excluídas en Santiago de Compostela
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Ponferrada
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Madrid
Celga 3: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2026
Resolución do 28 de outubro de 2026 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 3
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Santiago de Compostela
- Listaxe definitiva de persoas excluídas en Santiago de Compostela
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Ponferrada
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Madrid
Celga 4: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio de 2026
Resolución do 28 de outubro de 2026 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 4
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Santiago de Compostela
- Listaxe definitiva de persoas excluídas en Santiago de Compostela
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Ponferrada
- Listaxe definitiva de persoas admitidas en Madrid
- Listaxe definitiva de persoas excluídas en Madrid
As persoas candidatas deben presentarse no lugar e día de realización das probas entre as 8.30 e as 8.45 horas, provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.
Proba escrita
Comezará ás 9.00 horas. Uns días antes da realización da proba, publicaranse nesta páxina web www.lingua.gal a porta de acceso e a aula que lle corresponderá a cada persoa.
Proba oral
A proba oral será a continuación da proba escrita. Os chamamentos faranse en quendas de 15-20 minutos, por orde alfabética, comezando pola letra M, agás o día 15 de novembro que comezarán pola letra B. A proba poderá prolongarse até a tarde.
Datas de realización das probas
Celga 4 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid
14 de novembro de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z e A.
15 de novembro de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das seguintes letras: B, C, D, E, F, G, H, I, J, K e L.
Celga 3 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid
21 de novembro de 2026, para todas as persoas admitidas.
Celga 2 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid
22 de novembro de 2026, para todas as persoas admitidas.
Lugares de realización das probas
Santiago de Compostela
Celga 2, Celga 3 e Celga 4
IES Antonio Fraguas, rúa Londres, núm. 10
Ponferrada
EOI de Ponferrada, rúa Río Burbia, s/n
Madrid
Casa de Galicia en Madrid, rúa Casado del Alisal, 8
Para máis información preme na ligazón: