LAMENTABLE ESTADO DE CONSERVACIÓN DOS ARQUIVOS XUDICIAIS DE TUI

Mércores, 27 Set 2023

A CIG ven de denunciar ante a Dirección Xeral de Xustiza o lamentable estado de conservación dos arquivos xudiciais de Tui pese ao esforzo das funcionarias/os encargados do mesmo de manter os expedientes nas mellores condicións posibles e de orde. 

Máis alá de non prever un espazo suficiente no novo edificio xudicial de Tui para albergar todos estes arquivos e retiralos dunhas dependencias que non se adaptan a esa función, dase ademais a situación de que o concello e o titular do inmoble onde antigamente estaban ubicados os xulgados e agora so quedan os arquivos xudiciais máis antigos.

Ligazón escrito presentado:

https://drive.google.com/file/d/1yWAbwpx7vd4oIO0D61jAXUoOhb7gq6_2/view?usp=sharing