LETRADOS/AS PROMOCIÓN INTERNA PUBLICADO NO BOE OS NOMEAMENTOS DAS PERSOAS ASPIRANTES QUE SUPERARON O PROCESO SELECTIVO

Proceso selectivo convocado por Orde JUS/1523/2021
Martes, 31 Out 2023

Orde JUS/1181/2023, do 23 de outubro, pola que se nomean Letrados e Letradas da Administración de Xustiza da terceira categoría, quenda promoción interna, aos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado por Orde JUS/1523/2021, do 3 de decembro

Concluídas as probas selectivas para ingreso no Corpo de Letrados e Letradas da Administración de Xustiza, terceira categoría, quenda promoción interna, convocadas por orde JUS/1523/2021, do 3 de decembro (BOE do 11 de xaneiro de 2022), o Ministerio, acorda nomear letrados e letradas da Administración de Xustiza da terceira categoría ás persoas aspirantes que se relacionan no anexo desta orde, con expresión do número co que figuran na proposta formulada polo Centro de Estudos Xurídicos, pasando a ocupar os seus cargos nos destinos que se indican, e debendo tomar posesión dentro dos vinte días hábiles seguintes ao da data de publicación do seu nomeamento no BOE.
 
En todo caso, a toma de posesión terá lugar dentro dos tres días seguintes ao da prestación do xuramento ou promesa, de acordo có artigo 45.2 do Regulamento Orgánico do Corpo de Secretarios/as Xudiciais.
 
Podes ver a resolución completa premendo na ligazón: