LETRAD@S XUDICIAIS - CONVOCATORIA DO CONCURSO DE PRAZAS DE LIBRE DESIGNACIÓN
No BOE do 24 de febreiro publicouse a Orde PJC/120/2026, do 19 de febreiro, pola que se convoca a provisión de postos de traballo polo sistema de libre designación para o Corpo de Letradas/os da Administración de Xustiza.
Os postos de traballo que se convocan poderán ser solicitados polos funcionarios pertencentes ao Corpo de Letrados da Administración de Xustiza da categoría primeira e da categoría segunda que, como mínimo, prestasen servizo durante dez anos en postos de segunda categoría, e que se atopen en situación de servizo activo, calquera que sexa a súa situación administrativa, con excepción das situacións previstas no seguinte apartado.
Non poderán tomar parte neste concurso:
a) Quen se atope en situación de excedencia voluntaria por interese particular, durante o período mínimo obrigatorio de permanencia na devandita situación.
b) Quen se atopar sancionadas/os con traslado forzoso fose do municipio de destino ata que transcorran os prazos dun ou tres anos aos que se refire o artigo 538 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
c) Non poderán participar as Secretarias e os Secretarios de Goberno e as Secretarias e os Secretarios Coordinadores para os efectos do disposto na disposición transitoria cuarta da Lei Orgánica 7/2015, do 21 de xullo, pola que se modifica a Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial.
d) Quen se achar declaradas/os suspensos en firme, mentres dure a suspensión.
As/Os letrad@s da Administración de Xustiza que participen na presente convocatoria cumprimentarán a súa solicitude, con carácter obrigatorio, por medios telemáticos a través do asistente de inscrición, ao que poderán acceder a través do Punto de Acceso Xeral da Administración de Xustiza, Área Privada Portal da Administración de Xustiza (Área Privada - Escritorio de traballo - Aplicación AINO@), cumprimentando todos os apartados que se lle esixan
As/os solicitante terán un prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, a partir do día seguinte á publicación desta resolución no BOE, para formular as súas peticións con suxeición aos preceptos establecidos na resolución de convocatoria. Quen quixese modificar a solicitude xa confirmada, dentro do prazo de presentación de solicitudes poderá volver xerar e confirmar unha nova solicitude a través do asistente, considerándose válida a última solicitude presentada polo asistente de inscrición.
/IMAXES CONCURSO LD LETRADOS/2026-02-24 Imaxe concurso LD letrados prazas Secretaria de Goberno.jpg)
Para ver a resolución completa preme na ligazón: