LETRAD@S XUDICIAIS - OPOSICIÓNS QUENDA LIBRE - DATA DE EXAME PRIMEIRO EXERCICIO
Publicouse no BOE do 26/10/2026 o Acordo do 13 de outubro de 2026, do Tribunal cualificador número un do proceso selectivo de acceso ao Cuerpo de Letrad@s da Administración de Xustiza, convocado por Orde PJC/144/2026, do 24 de febreiro polo que, de conformidade co establecido na base 8.6 da citada convocatoria, acordou convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda libre á realización do primeiro exercicio da fase de oposición, que terá lugar o día 22 de novembro de 2026, ás 10.00 horas, en Madrid, nos edificios de Dereito e de Ciencias Xurídicas, Políticas e Económicas da facultade de Dereito da Universidade Autónoma de Madrid, situados na rúa Kelsen n.º 1, Fuencarral–O Pardo, Madrid.
O exercicio celebrarase en chamamento único, e serán excluídos do proceso selectivo as/os aspirantes que non comparezan. As opositoras e opositores deberán acudir provistos de bolígrafo azul ou negro e presentar, para a súa identificación, o documento nacional de identidade ou o pasaporte en vigor.
Para ver o acordo preme na ligazón: