LISTAXE DE ASPIRANTES QUE SUPERARON O PRIMEIRO EXERCICIO - LETRAD@S PROMOCIÓN INTERNA
O pasado 9 de outubro publicouse na páxina web do Ministeiro de Xustiza o seguinte acordo do TCU das probas selectivas para acceso, por promoción interna, ao corpo de Letrad@s, convocadas pola Orde PJC/307/2025, de 26 de marzo:
PRIMEIRO. Facer pública a relación de aspirantes por promoción interna que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo, celebrado o pasado día 6 de setembro de 2025, e que figuran na listaxe Anexa I ao presente Acordo.
SEGUNDO. Facer pública a relación de todos os aspirantes de promoción interna, incluídos os aspirantes con reserva de nota da anterior convocatoria, que serán convocados á realización do segundo exercicio, e que figuran no Anexo II ao presente Acordo.
TERCEIRO. Comunicar que o SEGUNDO EXERCICIO, DE CARÁCTER ORAL, de promoción interna dará comezo o próximo DÍA 3 DE NOVEMBRO DE 2025 e realizarase en Madrid, nas sedes do Tribunal Supremo, do Tribunal Superior de Xustiza e da Audiencia Nacional.
A convocatoria dos opositores levará a cabo cun mínimo de dúas semanas de antelación, de luns a xoves, convocándose tres opositores cada sesión.
Para ver o acordo completo preme na seguinte ligazón: