LISTAXE SOBRE FUNCIÓNS DO PERSOAL DOS XULGADOS E AUDIENCIAS PROVINCIAIS NA FASE III

Mércores, 29 Out 2025

Publicouse na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a listaxe coa información sobre a consulta das funcións do persoal dos Xulgados e seccións das Audiencias Provinciais afectados pola fase III.

En caso de disconformidade cos datos publicados, o persoal funcionario poderá comunicalo a través da conta de correo electrónico servizo.persoal.xustiza@xunta.gal no prazo de 3 DÍAS HÁBILES a partir do día seguinte a esta publicación.

Para ver a listaxe de funcións preme na ligazón:

https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/documents/non-indexar/36153/153930/listaxe-funcions-persoal-funcionario-faseIII.pdf?version=1.0