LISTAXES DEFINITIVAS ACCIÓN SOCIAL

Mércores, 23 Out 2024

Na Comisión de Acción Social 2024 celebrada no día de hoxe, 23 de outubro, aprobáronse as listaxes definitivas.

Das 31 instancias denegadas correspondentes a 33 beneficiarios/as, presentáronse 29 alegacións e foron admitidas todas.

Polo tanto, das 140 solicitudes presentadas inicialmente, foron admitidas 138, xerando un total de 152 persoas beneficiarias.

IMPORTES:

Para o tramo 1: 94,85 euros

Para o tramo 2: 189,71 euros

Para o tramo 3: 379,41 euros

Reducíronse os importes con respecto o ano pasado (107,40€, 214,81€ e 429,62€) Volvemos a reiterar que o importe da axuda de acción social é de todo insuficiente xa que seguimos a ter unha partida orzamentaria de 21.911,00 euros, exactamente igual desde o ano 2020.

A DXX vai informar da próxima publicación no DOG e do seu abono correspondente, estimándose que se realice antes de acabar o ano.

Os/as interesados/as poderán comprobar a súa inclusión a través da OPAX.