
LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS INCLUÍDAS E EXCLUÍDAS - LETRAD@S PROMOCIÓN INTERNA E QUENDA LIBRE

Publicouse no BOE do 19 de xuño e na páxina web do Ministerio de Xustiza a Orde PJC/643/2025, do 10 de xuño, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre e promoción interna, no Corpo de Letrados da Administración de Xustiza, convocado por Orde PJC/307/2025, do 26 de marzo.
As listaxes certificadas completas quedarán expostas ao público na páxina web do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes (www.mjusticia.es), e no punto de acceso xeral do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.
Así mesmo convócase ás persoas aspirantes incluídas na relación definitiva de admitidos da quenda de promoción interna para a realización do primeiro exercicio, que terá lugar o día 6 de setembro de 2025, ás 10:00 horas, na Universidade Carlos III, situada no Campus de Xetafe, rúa Madrid, 126, conforme ao disposto na base 2.3 e 6.2 da convocatoria.
Para ver a Orde completa preme na ligazón:
https://www.boe.es/boe/dias/2025/06/19/pdfs/BOE-A-2025-12439.pdf
Para ver a listaxe de admitidos/as promoción interna preme na ligazón: