LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS PARTICIPANTES NAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CELGA 1, 2, 3 E 4

Martes, 05 Mai 2026

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas

Celga 1: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas de xuño de 2026

Resolución do 30 de abril de 2026 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 1

Celga 2: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio de 2026

Resolución do 30 de abril de 2026 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 2

Celga 3: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio de 2026

Resolución do 30 de abril de 2026 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 3

Celga 4: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio de 2026

Resolución do 30 de abril de 2026 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 4

Datas de realización das probas

CELGA 4, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

23 de maio de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z e A.

24 de maio de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: B, C, D, E, F, G, H, I, J, K e L.

CELGA 3, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

30 de maio de 2026, para todas as persoas admitidas.

CELGA 2, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

31 de maio de 2026, para todas as persoas admitidas.

CELGA 1, en Santiago de Compostela:

6 de xuño de 2026, para todas as persoas admitidas.

Lugares de realización das probas

Santiago de Compostela

Celga 2, Celga 3 e Celga 4

IES Antonio Fraguas, rúa Londres, núm. 10

Celga 1

EGAP, rúa Madrid, núm. 2-4

Ponferrada

EOI de Ponferrada, rúa Río Burbia, s/n

Madrid

Casa de Galicia en Madrid, rúa Casado del Alisal, 8

Horario de realización das probas

As persoas candidatas deben presentarse no lugar e día de realización das probas entre as 8.30 e as 8.45 horas, provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

Proba escrita

Comezará ás 9.00 horas. Uns días antes da realización da proba, publicaranse nesta páxina web www.lingua.gal a porta de acceso e a aula que lle corresponderá a cada persoa.

Proba oral

A proba oral será a continuación da proba escrita. Os chamamentos faranse en quendas de 15-20 minutos, por orde alfabética, comezando pola letra M, agás o día 24 de maio que comezarán pola letra B. A proba poderá prolongarse até a tarde.