LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDAS E EXCLUÍDAS - PROBAS OBTENCIÓN CELGA 2, 3 E 4

Martes, 13 Out 2026

Publicáronse na páxina web do Portal da Lingua Galega as Resolucións do 13 de outubro de 2026 polas que se publican as listaxes provisionais de persoas admitidas e exclúidas ás probas para a obtención dos certificados Celga 2, 3 e 4.

As persoas excluídas disporán dun prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta resolución na web da Secretaría Xeral da Lingua, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou
a súa exclusión.

En todo caso, as persoas que presenten alegacións enviaranlle un correo electrónico á Secretaría Xeral da Lingua ao seguinte enderezo: sxpl.probascelga@xunta.gal, no que indicarán o día en que presentaron a emenda e o motivo desta.

Celga 2: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2026

As probas realizaranse o día 22 de novembro de 2026

Remate do prazo de presentación de emendas: 27 de outubro de 2026

Resolución do 13 de outubro de 2026 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 2

Celga 3: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2026

As probas realizaranse o día 21 de novembro de 2026

Remate do prazo de presentación de emendas: 27 de outubro de 2026

Resolución do 13 de outubro de 2026 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 3

Celga 4: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2026

As probas realizaranse os días 14 e 15 de novembro de 2026

Remate do prazo de presentación de emendas: 27 de outubro de 2026

Resolución do 13 de outubro de 2026 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 4