
MÉDICOS FORENSES RESOLUCIÓN CONCURSO DE TRASLADOS

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia para o corpo de médicos forenses, convocado por Resolución do 25 de xaneiro de 2023.
O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade do persoal funcionario, de oito días hábiles se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e de vinte días hábiles se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma das Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, en que será dun mes, tanto se o posto de traballo é o de orixe como se é o de destino. Cando o persoal adxudicatario de praza obteña coa súa toma de posesión o reingreso no servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.
Para o persoal funcionario que estea a desempeñar un posto de traballo en comisión de servizo, para os efectos de prazos posesorios entenderase por localidade do persoal funcionario aquela en que estea a prestar servizos efectivamente.
O prazo para a toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Boletín Oficial del Estado.
Non será necesario que quen se atope desempeñando unha comisión de servizo se desprace ao órgano de orixe que teña reservado para formalizar o cesamento, xa que o poderá facer no órgano en que estea a prestar a comisión; para o efecto, a Administración fará chegar os documentos ao órgano en que se encontre desempeñando a comisión.
Para ver a resolución completa PREME AQUÍ