
Mesa da campaña de renda 2023: a AEAT, sen propostas de mellora

A convocatoria foi para dar conta de datos estatísticos da pasada campaña e novidades normativas da vindeira campaña, sen marxe para facermos achegas de cara a un Acordo para a campaña de Renda, toda vez que o anterior rematou o seu prazo de vixencia. É a práctica habitual nos últimos anos: facer público todo o contido da campaña de renda- calendarios, novidades normativas, datos de interese e aplicacións telemáticas- e logo, se acaso, convocarnos para “negociar” unhas condicións laborais que se veñen prorrogando con todo tipo de excusas
Ver Nota Informativa