Mesa de Carreira: A Administración propón un concurso para o 5% do persoal
Hoxe reuniuse a mesa técnica do Acordo de Carreira para que a Dirección da AEAT presentase unha proposta de concurso para unha parte dos subgrupos A2 e C1- unhas 1100 prazas de A2 e apenas 500 de C1 (no mellor dos escenarios, o 5,93% do persoal da AEAT) para persoal que leve máis de seis anos fóra do tramo que lle correspondería segundo o Acordo de Carreira. Unhas migallas -máis aínda no caso de Galiza- no canto de actualizar e aplicar un Acordo de Carreira que abrangue ao 100% do persoal da AEAT
Esta proposta chega coa Dirección da AEAT vacilando ao persoal durante anos e negándose a aplicar o Acordo de carreira vixente dende 2007 e, ao mesmo tempo, afirma que tampouco está en disposición de negociar un novo modelo porque —segundo di— non dispón de recursos- cando hai uns meses premíanos a asinar calquera cousa porque cartos había! Porén, si parece haber recursos para impulsar concursos específicos dirixidos precisamente aos postos con maiores retribucións (agora son os tramos altos do subgrupo A2, hai nada foi o concurso e panel para os A1). É dicir, a Dirección da AEAT si atopa fondos para mellorar a situación dunha minoría mentres se deixa sen resolver a realidade da maioría
Esta proposta chega coa Dirección da AEAT vacilando ao persoal durante anos e negándose a aplicar o Acordo de carreira vixente dende 2007 e, ao mesmo tempo, afirma que tampouco está en disposición de negociar un novo modelo porque —segundo di— non dispón de recursos- cando hai uns meses premíanos a asinar calquera cousa porque cartos había! Porén, si parece haber recursos para impulsar concursos específicos dirixidos precisamente aos postos con maiores retribucións (agora son os tramos altos do subgrupo A2, hai nada foi o concurso e panel para os A1). É dicir, a Dirección da AEAT si atopa fondos para mellorar a situación dunha minoría mentres se deixa sen resolver a realidade da maioría
Os borradores dos concursos presentados hoxe corresponden xusto a ese tipo de postos: os de maior nivel e complemento específico. Ao mesmo tempo, prometen que haberá tamén concursos xerais para os tramos máis baixos, tanto en C1 como en A2, pero non facilitaron ningún borrador, compromiso nin proposta concreta (localidades, prazas, etc.) sobre estes procesos. É dicir, máis unha vez a Dirección da AEAT comeza a casa polo tellado e mellora as condicións retributivas dos postos máis altos, pero volve non haber nada para a maior parte do persoal. Todo isto sen entrar a valorar aos Corpos de Vixilancia Aduaneira ou ao persoal dos distintos corpos xerais da AXE que presta servizo na AEAT, para os que non hai nada tampouco. Xa se verá!
Os propios datos da Administración amosan cal é a situación real: arredor do 60 % do persoal AHP está nos tramos 0 e 1 e preto do 50 % do persoal CTH atópase exactamente igual. Ese debería ser o problema prioritario a resolver se realmente se quixese corrixir o desequilibrio existente na estrutura profesional da AEAT e o mecanismo existe e xa está vixente: o Acordo de Carreira para o aspecto retributivo, e os paneis de mobilidade e o traballo a distancia para garantir achegarse ao domicilio e cubrir os postos de difícil cobertura. En vez diso, preséntase unha proposta que comeza polos postos máis altos e deixa para máis adiante —para cando pase Carnaval, que dicía a canción— o que afecta á maioría
Ademais, estamos ante concursos específicos cun peso moi relevante de méritos ligados ao desempeño previo e á valoración xerárquica. Entre os criterios previstos inclúese a avaliación mediante informe da xefatura, un elemento que pode resultar decisivo na puntuación final e que introduce un grao importante de discrecionalidade- cando non clientelismo- nun proceso que debería garantir igualdade real de oportunidades
Desde a CIG advertimos que este tipo de procesos non constitúen unha verdadeira política de carreira profesional. Son medidas parciais que poden consolidar diferenzas internas e que, de feito, semellan máis orientadas a reorganizar postos ou agradecer favores que a garantir dereitos profesionais
A posición da CIG foi clara:
- non nos opoñemos aos concursos como ferramenta administrativa,(de feito levamos anos demandando a convocatoria de concursos de carreira vertical como parte da aplicación do Acordo de Carreira!) mais
- opoñémonos a que se prioricen antes de actualizar a carreira, e
- esiximos a actualización e aplicación do Acordo de Carreira, como se comprometeu a Directora da AEAT, que afecta á universalidade do persoal da AEAT
E isto acontece mentres a Dirección da AEAT modificaba unilateralmente a reserva de provincia a quen promocionou ao CTH o pasado ano, evita sequera actualizar co IPC os tramos de PIA ou campaña de renda, expulsa ás compañeiras que promocionaron ao A2 de corpos xerais polas barreiras que de facto se impoñen á promoción interna, deixa centos de prazas sen cubrir nos procesos selectivos.... A prioridade, amañar o de uns poucos
Para a CIG, resulta indecente que nun panorama de perda acumulada de poder adquisitivo do persoal público de máis do 20% desde 2009 e nun escenario onde seguirán conxeladas todas as outras retribucións do persoal da AEAT (PIA, campaña de renda, produtividades, con todas as eivas que cada unha destas ten de seu) a prioridade do goberno máis progresista da historia (!!) sexa armar e resolver un concurso para os tramos máis altos da AEAT cando hai persoal que xa non chega a fin de mes. Se a AEAT non ten A2 de tramos altos aos que encomendar sinatura de expedientes é culpa precisamente da súa resistencia numantina a aplicar o Acordo de Carreira
A Dirección da AEAT poderá convocar os concursos que estime pertinentes. O que non pode pretender é que a CIG aplauda que pase por riba dos intereses de todas as traballadoras da AEAT para beneficiar ao 5%. A loita é o único camiño!