
mesa Delegada da DGT

O día 13 de novembro celebrouse una xuntanza da mesa delegada da DGT, co un único punto na orde do día a "produtividade".
Na xuntanza fíxose un repaso da actual instrución (que a CIG non asinou no seu día) para recoller posibles achegas de cara a súa actualización. Informan que, aínda que se pediu a Facendo incremento da partida orzamentaria para esta cuestión, a día de hoxe hai que "negociar" nesa xuntanza partindo da mesma cantidade que en anos pasados.
A final da reunión, tras recoller as propostas sindicais, a Administración quedou en enviar un borrador coas modificacións recollidas e aceptadas, e cos números feitos para cada tipo de produtividade para cada organizacións puidésemos valorarla en conxunto. Estaba previsto unha xuntanza telemática para ese venres día 24.
Non obstante o comprometido a DGT aínda non enviou o borrador cos números feitos.
Estamos a espera de que nos remitan o borrador, xa que sen os números finais non poderemos facer unha valoración a respecto dos cambios propostos que son poucos.