Mesa Delegada M. Dereitos Sociais, Consumo y Agenda 2030

Martes, 25 Xun 2024

Onte constituíuse a Mesa Delegada do Ministerio logo da reestruturación ministerial.
Ademais da constitución, o punto tratado foi:
Aprobación do Plan de Traballo a distancia do Ministerio y da AESAN.


A CIG deu a súa conformidade ao Plan por recoller as nosas aportacións que trataban
sobre os seguintes puntos:
• Inclusión da posibilidade de traballo a distancia aos postos de laboratorio con
carácter excepcional. Aínda que xa se estaba facendo nalgúns laboratorios agora
queda recollida a posibilidade na instrución.
• Obriga de motivar a modificación dos días de traballo a distancia ou a revogación
do mesmo.
• Obriga de informar á representación sindical das revogacións de traballo a distancia
• Tamén van poder teletraballar as persoas contratadas por acumulación de tarefas
e de rexistro sempre que leven contratadas un mínimo de 3 meses e as funcións
que desenvolven sexan susceptibles do traballo a distancia.