
Mesa Delegada Ministerio Política Territorial. Sobre os Postos de Control Fronterizo

Logo da última reunión da Mesa Delegada de 10 de abril de 2024, da que fai case un ano, nesta reunión tratáronse temas de distinta índole que afecta as Áreas funcionais dependentes das Delegacións e Subdelegacións.
Esta Mesa Delegada non e mais que un grupo de “charla-coloquio. Como non podía ser de outro xeito, a CIG, na primeira intervención expresou que non estaba de acordo con esta forma de traballo, xa que non abordaba ningunha negociación, a Administración so recolle en apuntes o que os sindicatos expoñemos. Ademais deixamos unha queixa da mala conexión da videoconferencia e a dificultade de entender aos participantes.
Postos de Control Fronteirizo: Situación en materia de recursos humanos:
A Administración expuxo que vai intentar cubrir as vacantes que a día de hoxe hai na RPT, que é dun 10%, intentará que o número de vacantes sexa cero. Intentará aumentar o número de veterinarios, enxeñeiros e Técnicos.
Adiantounos que están estudando introducir unha produtividade por obxectivos e igualar o teletraballo de forma similar a como fai no resto das dependencias de Subdelegación e Delegacións do Goberno. Aclararon que xa están traballando para facer efectiva a subida de niveis acordada no reparto dos fondos adicionais. Dixeron que estaban intentando arranxar a subida de niveis dos funcionarios dos PCF que quedaron excluídos dos acordos adicionais (Escala Técnica de Organismos Autónomos que se trataba de persoal que viña das CCAA)
Dende CIG fixemos as seguintes aclaracións:
- Aproveitando que se realizou a integración das funcións de Sanidade Exterior dentro do Ministerio de Agricultura era momento de arranxar o tema dos recursos humanos.Solicitamos que se leve a cabo a reclasificación planeada na Resolución do 11 de abril de 2006 no que se da publicidade o Acordo do Consello de Ministros de 17 de febreiro de 2006, polo que se establece un plan de medidas para a mellora dos Servicios de Sanidade Exterior (PMSE), que quedou pendente de facer e, aplicar nunha segunda fase posterior.Denunciamos que a subida de niveis teña que vir dada(pola porta de atrás) de un acordo de fondos adicionais que deixa excluído aos compañeiros veterinarios e enxeñeiros nos PCF pertencentes a Escala de Organismos Autónomos. O persoal da Escala non é persoal procedente das CCAA (como di a Administración) que conseguiron praza nos PCF en concursos de traslado. Este persoal, accedeu a súa praza por oposición convocadas por o Ministerio de Sanidad, que nas primeiras convocatorias se convocaron a través de dita Escala.
- Polo tanto e necesario que se faga unha reclasificación dos postos (RPT) que afecte non só aos niveis (acordados nos fondos) senón tamén os complementos específicos que son diferentes en cada PCF, sendo superiores nos dos 15 PCF que lles afectou a primeira fase do PMSE.
- Que se faga dos PCF unhas instalacións que dean servizo de calidade en todas portos de Galicia, cos mesmos horarios e non discrimine os portos galegos en función dos distintos horarios de apertura dos PCF.
- Denunciamos tamén a maneira de como se fixo a “Opa hostil que Agricultura lle fixo a Sanidade Exterior”, usurpando as funcións se ningún tipo de aclaración, xerando descontrol, tanto no persoal veterinario coma nos enxeñeiros agrarios. Dotando de funcións fitosanitarias aos veterinarios para facer controis documentais e dando funcións de seguridade alimentaria, ao persoal enxeñeiro fitosanitario.
- En canto a produtividade por obxectivos : hai que ver como se artellan os obxectivos porque os PCF son moi diferentes.
- Por todos temas que quedan pendentes e de mellora, CIG tamén se adheriu a proposta da creación dun grupo de traballo no que se poidan tomar acordos nos temas de reclasificación, produtividade e teletraballo.