MESA SECTORIAL CO MINISTERIO: ÚLTIMAS NOVAS
Onte día 22 tivo lugar unha reunión da mesa sectorial co Ministerio (na que a CIG é o único sindicato galego con representación) na que se lle preguntou á Administración por múltiples cuestións:
SOBRE O CORPO DE LAX:
- PRODUTIVIDADE: Estase a producir un retraso no pagamento da produtividade correspondente ao segundo semestre do 2025 posto que é costume que se faga antes do verán, pero o Ministerio anuncia que se procederá ao abono, como pronto, no mes de outubro, o que suporá un retraso tamén no pagamento do primeiro semestre do 2026, que non será no mes de decembro como adoita.
- BASES OPE 26: O Ministerio manexa un borrador cun novo modelo de oposición cun cambio estrutural que non quixo detallar. Pretende negocialo coas OOSS no mes de outubro e publicar a convocatoria no mes de decembro.
- CONSOLIDACIÓN DE PRAZAS: Convocouse ás OOSS para este venres para falar da creación e modificación das rpts.
- RD SOBRE SUBSTITUCIÓNS: Volvemos a opoñernos ao texto, do que volve a estar aberto o prazo de audiencia pública para incorporar unhas modificacións no complemento do persoal das Illas Balears
- NOVAS BOLSAS DE PERSOAL SUBSTITUTO: Están agardando ao resultado da reunión coas Secretarías de Coordinación fixada para o mes de novembro para trasladar o novo modelo.
- PROMOCIÓN INTERNA: Dende a CIG aproveitamos para reiterar o noso rexeitamento a este sistema de promoción interna, nesta ocasión se cadra con máis motivo polo acontecido co exame do día 5 de setembro. Solicitamos ao Ministerio que cumpla cos compromisos acadados e transforme o acceso por promoción interna ao corpo de lax nun verdadeiro proceso de selección no que se valore a experiencia e os coñecementos xurídicos que realmente son precisos para o desenvolvemento das tarefas propias dese corpo.
EN CANTO AOS CORPOS XERAIS:
- CONCURSO DE TRASLADOS: Sen data. Teñen un tremendo follón montado para saber en que condición están moitas prazas, cales son desertas, cales vacantes, que rpts van ser modificadas…. Un despropósito total
- LISTAS COMPLEMENTARIAS NAS OPES RESOLTAS: A intención é claramente a cobertura de todas as prazas, pero están agardando a que, unha vez remate o prazo de toma de posesión actual ( o día 28) solicitar cantas non se cubriron de xeito real para saber cal é o número no que aumentar a listaxe de persoas aprobadas.
- FALTA PRAZAS AUXILIO: Ao Mnisterio fáltanlle 35 prazas para ofertarlle ao corpo de auxilio e anda barallando a posiblidade de ofertalas en adscrición provisional.
- OPE 2023: A oferta de prazas estaba prevista facerse a mediados de outubro pero puidera retrasarse co fin de tentar facelo de xeito simultáneo, xa que algunha comunidade autónoma (en concreto Cataluña) vai máis retrasada, tentando así acadar a publicación da oferta en todos os territorios.
- APROBADA POR QUENDA DISCAPACIDADE: O da oferta de prazas bis está a ser un problema para o Ministerio pola reacción dalgunhas CCAA, pero van intentar solucionalo pronto en aras a cumprir o mandato das sentenzas.
- MEDICINA FORENSE: Xa pediron as prazas ás CCAA para convocar o concurso canto antes.