MESA SECTORIAL DE MADRID - 12/02/2026

Xoves, 12 Feb 2026

Este 12 de febreiro celebrouse en Madrid unha mesa sectorial na que o Ministerio de Xustiza informou o seguinte:

ESTABILIZACIÓN TRAMITACIÓN: Finalmente a publicación no BOE dos destinos vai ser o día 19. O Ministerio vai conceder o permiso da DA 5ª do Regulamento xeral de ingreso de persoal e de provisión de postos de traballo e promoción profesional de funcionarios civís da AXE.

ESTABILIZACIÓN XESTIÓN E AUXILIO: Xestión será o seguinte corpo ao que se se oferten prazas e despois irá o corpo de Auxilio Xudicial.

RESTO DE PROCESOS: Irán a continuación.

INDEMNIZACIÓN POR CESE AO NON SUPERAR O PROCESO DE ESTABILIZACIÓN: Ten que ser solicitado directamente pola persoa afectada.

CONCURSILLO: Contan resolvelo dentro dun mes pero fáltanlle datos de varias CCAA, incluído o tempo traballado como persoal interino.

CONCURSO 2026: É requisito resolver primeiro o concursillo porque a aplicación é unha e non pode ter dous concursos en marcha ao mesmo tempo.

CONVOCATORIAS LAX: Contan con publicalas en breve.