GRUPO DE TRABALLO - MESA SECTORIAL DE MADRID - 27/04/2026

Luns, 27 Abr 2026

Este 27 de abril tivemos unha xuntanza na mesa sectorial de Madrid na que se trataron os seguintes temas:

Carreira Profesional:
Abordouse parte do articulado do RD que vai a regular a carreira profesional. O texto carece das contías do grao e o tempo necesario de permanencia en cada un deles. O Ministerio manifestou que están en conversas con facenda para poder traer unha proposta á mesa. Dende a CIG trasladámoslle aos responsables ministeriais que eses datos son imprescindibles para poder avanzar nesta negociación.

Avaliación do desempeño: Consideramos a proposta pouco clara e apostamos por unha autoavaliación. Opoñémonos á redacción proposta que conten expresión como: “acciones realizadas voluntariamente”, “cumplimiento de objetivos”, “orientación a objetivos y resultados”, xa que se poden confundir con outro concepto retributivo como é a produtividade.
O Ministerio aceptou as alegacións formuladas e comprometeuse a enviar unha nova redacción na que a avaliación do desempeño se tramite como unha autoavaliación e, no caso de ser negativa, a obrigatoriedade dunha revisión antes da resolución definitiva.

Finalmente o texto proposto do RD recolle varias cuestións defendidas pola CIG, como que o recoñecemento teña efectos en todo o Estado, o que nos permitirá movernos cos graos consolidados en Galiza. Tamén se analizou a posibilidade que compute todo o tempo traballado, aínda que sexa en administracións distintas á de xustiza, que inicialmente non se contemplaba no borrador. Así mesmo poderase renunciar aos graos, o que permitirá ao persoal que promocione, unha vez chegado ao grao IV, consolidar graos do corpo superior.