MESA SECTORIAL MADRID 14-05-2026 - SOLICITAMOS INSTRUCCIÓNS SOBRE A AUTORIZACIÓN DE PERMISOS E VACACIÓNS E O CUPRIMENTO DA DTª 1 DO REAL DECRETO 1451/2005
A CIG SOLICITA AO MINISTERIO QUE DITE INSTRUCIÓNS ÁS SECRETARÍAS DE COORDINACIÓN SOBRE A AUTORIZACIÓN DE PERMISOS/VACACIÓNS E O CUMPRIMENTO DA DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA DO RD 1451/2005
Onte celebrouse unha mesa sectorial co Ministerio de Xustiza na que solicitamos que este dite unhas instrucións claras ás Secretarías de Coordinación con respeto a dúas cuestións:
PRIMEIRA.- Que comuniquen ás Direccións dos Servizos e das Áreas que é a súa responsabilidade controlar que os servizos queden suficientemente cubertos durante os permisos ou periodos vacacionais e que non se pode condicionar a concesión dos mesmos a que o/a solicitante busque a persoa que se encargará das súas funcións durante ese tempo. A nova organización permite, precisamente, maior flexibilidade á hora do desfrute dos permisos porque as porcentaxes deben computarse con respeto a todo o persoal da área ou servizo.
SEGUNDA.- Que lembren que a Disposición Transitoria Primeira do RD 1451/2005 non distingue entre corpos e que non respetar as funcións do órgano de procedencia no caso do persoal do corpo de auxilio confirmado supón unha vulneración da mesma, tal e como vimos defendendo dende a CIG dende un principio, razón pola que temos interposto varios recursos.
Ao parecer hai disposición por parte do Subdirector de examinar o solicitado, e esperemos que en breve haxa novas positivas ao respeto.