
MESA SECTORIAL MADRID OEP 2025

Hoxe a CIG asistiu á Mesa Sectorial celebrada en Madrid para tratar a OEP 2025 da Administración de Xustiza.
Da documentación facilitada polo Ministerio (certificación de baixas de persoal funcionario, únicamente contemplando Ministerio e resto) función pública calculou únicamente a taxa de reposición de 120% pero non engadiu as prazas xeradas pola creación de novos xulgados. A CIG pediu que se amplíe este número así como unha praza máis no corpo de xestión atendendo a un correcto redondeo.
Reclamamos que repase o cálculo efectuado para a promoción interna, toda vez que non se respecta a literalidade do artigo 490.1 LOPX “a cobertura de prazas equivalente o 50% das que, para corpo, sexan obxecto da oferta de emprego público”.
Concordamos coa valoración do mérito do idioma cooficial de Euskadi que na próxima oferta de emprego público vai poder convocar postos de traballo singularizados por razón do idioma.
Comprometéronse en enviar a relación de baixas por cada CCAA. E anunciaron que a convocatoria será en setembro.