
Mesa Xeral: a Dirección insiste en facer unha ADI low cost coa AEAT co novo modelo de información e asistencia

Onte tivo lugar unha mesa xeral de negociación da AEAT para negociar o horario do Novo Modelo de Información e Asistencia, informar sobre as previsións de desenvolvemento das distintas ofertas de emprego público en curso e mais definir un calendario de xuntanzas para abordar a negociación de todos os grandes temas pendentes desde hai anos, a comezar pola actualización do Acordo de Carreira ou o teletraballo
Comezando pola actualización do Acordo de Carreira ou o teletraballo - compromisos que a directora de RRHH asumira para ter pechados antes do pasado verán- a cousa segue como sempre: sen cartos. E sen cartos non hai nada que falar da carreira dado que o persoal ao servizo das Admnistracións Públicas ten perdido máis dun 20% do seu poder adquisitivo nos últimos anos. Desde a CIG, polo tanto, demandamos que en primeiro lugar se garanta a existencia de cartos para reverter esta situación
Comezando pola actualización do Acordo de Carreira ou o teletraballo - compromisos que a directora de RRHH asumira para ter pechados antes do pasado verán- a cousa segue como sempre: sen cartos. E sen cartos non hai nada que falar da carreira dado que o persoal ao servizo das Admnistracións Públicas ten perdido máis dun 20% do seu poder adquisitivo nos últimos anos. Desde a CIG, polo tanto, demandamos que en primeiro lugar se garanta a existencia de cartos para reverter esta situación
Igual segue tamén a execución das Ofertas de Emprego Público. Unha de laborais que xa prescribiu por non executala en prazo a AEAT e outras, a empezar pola recén publicada, con datos hinchados sobre prazas que non se van cubrir nunca na quenda de Promoción Interna debido ás barreiras que pon a AEAT- os seus tribunais- para deixar vacantes en torno ao 60% das prazas ofertadas nominalmente. Desde a CIG advertimos que isto se traduce en que o persoal non ten nin carreira, nin promoción interna real para o persoal, nin retribucións acordes á especialización e actualización constante que se exixe... nin porta aberta para poder marchar a outras Administracións onde as retribucións son superiores
Desde a CIG advertimos tamén do incumprimento dos compromisos no relativo á actualización e flexibilización dos procesos selectivos, do absurdo de repetir probas de coñecementos baseadas na memorización de datos innecesarios para as tarefas que se exixen... Lamentamos que non se faga sequera unha mínima reflexión sobre o elevado número de prazas sen cubrir que quedan en todos os procesos de promoción interna ou no feito de que Axentes de Facenda promocionen cada vez máis cara o A2 de Corpos Xerais no canto de optar polo Corpo Técnico. Porque esta realidade ten causas que analizar e reverter se se quere mellorar a AEAT, mais a Dirección da AEAT non está polo labor, como proba que xa estamos entrando no último trimestre do ano, vai ter que se publicar a convocatoria das prazas da OEP 2025 e van ser como sempre. Como sempre!
E como sempre tamén, a negociación do horario do Novo Modelo de Información e Asistencia, onde a Dirección da AEAT presenta o mesmo documento que rexeitamos antes do verán. Pretenden montar unha ADI low cost con todo persoal e naturalizar, coa proposta de acordo de horario, os abusos que veñen sucedéndose desde a posta en marcha, hai anos, do “proxecto piloto”: voluntarios forzosos, caos e rifas de produtividades como aconteceu na Administración da Coruña, uso dos días de teletraballo como medida de presión ao persoal....
Desde a CIG insistimos, como vimos facendo neste asunto, en que a negociación das condicións de traballo deste modelo son parte dun todo, que non ten xeito separalas da negociación da actualización do Acordo de Carreira, e que facéndoo a Dirección está dicindo que non pretende chegar a acordo ningún nese ámbito a pesar de marear con reunións sen xeito outro ano mais
Insistimos en que desde o noso punto de vista o Modelo de Información e Asistencia parte dunha premisa errada, que é que a cidadanía prefire ser atendida por teléfono, e pretende construírse sobre a base da precarización dos postos de traballo na AEAT e sobre unhas retribucións insuficientes para o persoal. Por iso insistimos en que os postos teñen que ser ofertados nunha convocatoria de provisión de postos pública- sexa panel, concurso,...-, que teñen que retribuírse debidamente, non vía produtividade- se tes horario de H10, terá que ser co Específico do H10-.... Resumidamente: se fago o mesmo ca no ADI, terei que ter as retribucións da ADI- por non entrar en que o acordo das ADIs era provisional e leva anos sen volver abordarse a súa actualización e a definición do modelo das ADIs
Na CIG cuestionamos que cunhas retribucións totalmente desfasadas para os tempos que vivimos- polo que demandamos unha cláusula de garantía salarial- a Dirección pretenda, dando 100 euros de produtividade que pode retirar calquera xefe en calquera momento, forzar á xente a comprarlle o Modelo debido a que, obviamente, o soldo dun Axente de entrada non abonda para vivir e comer en Madrid ou Cataluña, onde cae o 70% de cada promoción de acceso libre
Lamentamos, polo tanto, que o curso comece exactamente como rematou: coa Dirección da AEAT enrocada en mellorar as condicións de traballo da maioría do seu persoal e empeñada en facer dous modelos de carreira e dous modelos de retribucións.