
Mobilizacións na Seguridade Social – Datas e motivos

CIG, CSIF, CCOO e ELA, en unión sindical, vémonos obrigados a anunciar un calendario de mobilizacións no ámbito da Seguridade Social en todo o territorio do Estado con concentracións nos centros de traballo (sen descartar paros parciais e folga), tras o incumprimento sistemático, por parte do Secretario de Estado de Seguridade Social e Pensións, Borja Suárez Corujo, do Acordo que el mesmo asinou o pasado 16 de maio de 2023, polo que se estabelecen as condicións iniciais para a implantación dun plan estratéxico de recursos humanos na Administración da Seguridade Social.
Ver Nota Informativa